Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

RESOLUCIÓN COMPLEMENTARIA á resolución de data 22/10/2018 do Director Xeral do IDAE pola que se determina o importe da axuda a conceder ao CONCELLO DE PETÍN, titular do NIF: P3206100D, formulada no contexto do Real Decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sustentable 2014-2020 (BOE nº 144 de data 17 de xuño de 2017), modificado polo Real Decreto 1516/2018, de 28 de decembro (B.O.E. nº 314, de 29 de decembro de 2018), o Real Decreto 316/2019, de 26 de abril (B.O.E. nº 130, de 30 de abril de 2019) e o Real Decreto 1185/2020, de 29 de decembro (B.O.E. nº 340, de 30 de decembro de 2020).

Por resolución do Director Xeral do IDAE, de data 28/06/2021, se lle concede a este Concello de Petín unha axuda por importe máximo de 90.391,64 € para execución do “Proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público nas zonas de Portela, Freixido, Mones, San Paio, Outeiro e Carballal. Concello de Petín”, pertencente á Medida 6. Renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior.