Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Paco de Tano

Naceu en Petín, en Febreiro de 1962. Vive en Malpica.

Escribíu o libro de poesía “Xanela ao Bío” no ano 2002, non é só un libro de poemas, senón unha suma de arte para a emoción dos lectores. Con este libro de poemas conseguíu dous triunfos importantes; primeiro enraizar a súa poesía coa mellor tradición poética mariñeira, e segundo dende unha linguaxe próxima aos lectores soubo elevar “localismos” malpicáns, á calidade da lingua literaria, e isto xa dende o propio título.

“Xanela ao Bío”, é unha porta aberta a lingua literaria de Malpica de Bergantiños, tamén é un libro que enfeitiza coa imaxe do mundo mariñeiro, entretecido con redes, amor e morte.

Paco de Tano tamén participou nos libros colectivos, “Rumbo as Illas, “Crepúsculo Soñado” e “Negra Sombra”. Tamén colabora con revistas de temática variada; Tralla, Cadernos do fin do Mundo, 45RPM e Malpica verán. Gañou varios premios literarios; “Milleira” (1999), “Maria Baña” (2000) e Faustino Rey Romero.