Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Xeografía

Petin é un concello que pertence ao oriente ourensán situado na zona noreste da provincia, acolle a 1076 habitantes (1 de xaneiro do 2006), e forma parte da comarca de valdeorras.

Xeograficamente estas terras están marcadas por unha depresión, coa serra do Eixe con elevadas altitudes como o cume de A Pena (1378 m). A erosión fixo que se presente un relieve chairo. A poboación está repartida en seis parroquias Freixido (Sagrado Corazon de Xesus), Mones (San Miguel), Petín (Santiago), Portomourisco (San Victor), Santa María de Mones (Santa María), Santoalla do Monte (Santa oalla).

A vía ferrea Palencia-A Coruña, a nacional 120 Vigo-Ourense e a comarcal 533 que comunica con Viana do Bolo a A Gudiña, constituen as vías de acceso o municipio.

Ao divisar a poboación, chama a atención pola súa beleza o embalse de San Martiño alimentado coas augas transparentes o rio Sil e sembrado por quince pequenas islas poboadas de flora e fauna virxe que fan as delicias de calquer observador.As principais fontes económicas están baseadas no sector hidroeléctrico e mineiro (pizarra), así como na agricultura, na que destaca por elaborar viños privilexiados que comezan xa a ter un recoñecemento a nivel dos mercados mundiais.