Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Director Chano Piñeiro

Chano Piñeiro sempre en Petín

Luciano Manuel Piñeiro Martínez, naceu o 12 de Outubro de 1954 no desaparecido sanatorio compostelán de San Lorenzo. En 1958, comeza a ir a escola de párvulos. En 1964, envíano interno ao colexio de San Narciso de Marín onde estudará bacharelato. En 1969, estuda PREU no colexio La Salle de Santiago.

Condo volta convertido nun home rico, Xonxa xa está casada. A historia comprende o periodo que vai dende 1947 a 1986, e se estructura en catro episodios vencellados cada un a unha estación do ano. A primaveira corresponde á infancia, o verán á pubertade, o outono á madurez e á forzada emnigración e o inverno á vellez e ao retorno.

Con todo o máis salientable do filme, concéntrase na súa primeira parte, onde Chano retrata o mundo da aldea durante o franquismo. En 1971, comeza os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago. Alí coñece á que será a súa dona Mariluz Montes nunha festa de Augas Santas (Cotobade).

Ese mesmo ano detéctanlle o Mal de Crohn, que o obriga a ser sometido a constantes operacións de intestino durante o resto da súa vida. En 1974, cásase con Mariluz, sendo aínda os dous estudantes de Farmacia.

En 1975, Mariluz regálalle a filmadora de Super 8 marca Minolta, que daría inicio a súa carreira cinematográfica. En 1977, filmaría a súa primeira curta “Os paxaros morren no aire”, premiado en varios festivais.

En 1979, instalase en Vigo onde rexentan unha botica na rúa de Torrecedeira, e roda a primeira longametraxe de ficción en galego “Eu, o tolo”. En 1984, comeza a rodaxe de “Mamasunción”. En 1985, outórganlle o premio da Crítica Galicia no aàrtado Artes e Ciencias da Representación.

Escribe o guión da seguinte película “Esperanza”, e, en 1986 estréase patrocinada polo Concello de Vigo. En 1988, comeza o largo periplo da rodaxe “Sempre Xonxa”, que durou case dous anos, por cuestións económicas e complexidades da propia produción. É unha filme sobre as consecuencias emocionais da emigración.

Dous nenos Pancho e Birutas, que viven prácidamente na mesma aldea, están platónicamente namorados de Xonxa. Pero un dos nenos (Birutas), ten que emigrar deixando a Pancho e Xonxa na aldea.

Cando volta convertido nun home rico, Xonxa xa está casada. A historia comprende o periodo que vai dende 1947 a 1986, e se estrutura en catro episodios vencellados cada un a unha estación do ano. A primaveira corresponde á infancia, o verán á pubertade, o outono á madurez e á forzada emigración e o inverno a vellez e o retorno. Con todo o máis salientable do filme, concéntrase na súa primeira parte, onde Chano retrata o mundo da aldea durante o franquismo.