Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Petín, un pobo de Cinema

Sempre Xonxa

Como o seu lema o identifica Petín é un Pobo de Cine. Neste Concello, rodouse a primeira película en galego “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro, estreada en 1989, e rodada en boa parte dous anos antes na aldea valdeorresa de Santa Olalla.

 

Un bosque de música

Tamén rodouse en Petín “Un bosque de música” de Luar na Lubre dirixido por Ignacio Vilar (natural de Petín), o cal dirixiu da mesma maneira o documental “Sempre Xonxa en Petín”, realizado por rapaces do pobo no taller cinematográfico que botou a andar no ano 2004. Tanto na longametraxe como no documental de “Sempre Xonxa”, participaron os veciños do Concello de Petín e arredores, como actores, extras e comentaristas do documental.

A mostra “Petín un pobo de cine” leva organizándose desde o ano 1998. Polo tanto co festival de cine tódolos anos, preténdese gardar esa identificación de Petín co cine, proxectando o aire libre, tanto películas recentes, coma outras máis históricas, e na medida do posible en galego. O Festival de Cine é a caracterización suprema do interese cultural no Concello de Petín.