Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Música

Ovnis Jars

Este grupo petinés xurdiu a partir dunha rondalla parroquial. A partir de ahí comezará a aventura deste grupo musical, nun principio estará formado por catro persoas e se chamarán “ OVNIS JARS”. Despois incorporánronse outros dous músicos, un cantante y unha baixista, quedando o grupo composto por: Mingos, Souti, Ruperto, Bellet, Pepe, e Santos. Os “OVNIS” comezaron un percorrido músical actúando en diversos puntos de Asturias, Valdeorras, O Bierzo e incluso Cambados, nunnha traxectoria que durou unha década interpretando todo tipo de música, dende as cumbias ao rock dos setenta. A creación dos “OVNIS” coincidiu coa época na que soaban con moita forza os temas de grandes artistas como Deep Purple, Beatels, Rolling Stones ou Carlos Santana.

O día 28 de setembro de 2002, os “OVNIS” actuaron en Petín, para celebrar os 25 anos da súa separación, que marcou unha época en Valdeorras. A praza de Petín quedouse pequena para acoller ao numeroso público que non quiso perderse o concerto desta formación, que levaba trinta anos sen tocar. Foi un reencontro emocionante co público, pero tamén entre os propios membros do grupo, xa que algunho deles non se veían dende había 25 anos.