SUBVENCIÓN COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020
No ano 2015 a Comisión Europea creou o Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía co propósito de reunir aos alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.
Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sustentable e o Clima (PACES), nun prazo máximo de dous anos dende a data de adhesión.
O Concello de Petín adhírese ao Pacto dos Alcaldes o 07/12/2020 por medio da sinatura do compromiso por parte da alcaldesa, tralo acordo plenario polo que o Concello de Petín a través dos seus representantes políticos acepta os compromisos que se sintetizan a continuación:
– Reducir as emisións de CO2 (e posiblemente outras emisións de gases de efecto invernadoiro no seu territorio nun 40% como mínimo de aquí a 2030, en particular a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso das fontes de enerxía renovables.
– Aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.
No Diario Oficial de Galicia núm.27, do 10 de febreiro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia fai pública a Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021.
Despois de ver a solicitude de subvención, a memoria, e o resto de documentación elaborada para o denominado: “PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE PETÍN”, este concello presentouna, o 04 de marzo de 2021 ante a Xunta de Galicia.
Posteriormente, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, remitiu a este Concello, Notificación de Resolución de Concesión desta subvención de data 16 de xullo de 2021, por un importe de 1.936,00 € (IVA incluído) o que cobre o 100% dos gastos de redacción do Plan.
Adxudicouselle o contrato menor para a elaboración do PACES a empresa EPTISA SERVICIOS DE INGENIERIA S.L. con data 04/08/2021.
O PACES foi aprobado polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 25 de novembro de 2021.