Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Descripción das obras:

O Concello de Petín conta actualmente con 2 depuradoras compactas e 19 foxas sépticas.

Desde o ano 2013 vénse realizando un mantemento de limpeza de lodos destas foxas, constatando nalgunhas delas problemas graves de depuración, incluso observándose vertidos directos ao medio nalgúns casos.

Ademais, e dado que se están a tramitar as autorizacións de Vertido das mesmas na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, existen algúns requirimentos por parte deste organismo para a mellora das mesmas.

Con esta axuda vanse mellorar as dúas Foxas Sépticas de Freixido de Abaixo, a Foxa Séptica do Malecón, a Foxa Séptica de Castrofoia e a Foxa Séptica da Ponte.

Esta obra está subvencionada ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O importe da subvención concedida é de 46.074,57 € o que supón un 100% do orzamento total da obra.