Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

A Asociación Española contra o Cancro, preocupada pola situación da investigación en cancro en España, está facendo un chamamento á implicación activa da cidadanía, as entidades privadas e as institucións públicas para xuntar esforzos polo avance da investigación co obxectivo de contribuír a aumentar a supervivencia ao cancro en España.

Por iso, pedímoslles a súa colaboración nesta campaña animándovos a firmar esta petición a favor de máis investigación e facilitándolle a todo traballador/a, amigo/a, cliente/a, proveedor/a, alumno/a, colexiado/a, etc. a que asine tamén esta petición. Cantas máis peticións asinadas moitísima máis forza faremos para conseguilo.

Os impresos para asinar están dispoñibles no Concello e tamén poden facelo no seguinte enlace:  www.nopodemosparardeinvestigar.es