Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

O Concello de Petín agadece a doazón realizada pola Adega Terriña.

Na mañá deste mércores 6 de maio, a Enóloga da adega, Lucía Carballeira fixo entrega de 2.000 mascarillas cirúxicas para os veciños deste Concello.

Este Concello reitera o agradecemento a Javier Méndez e o seu fillo Juan Luis Méndez propietarios da Adega Terriña pola doazón realizada.