O Concello de Petín resultou beneficiario dunha axuda no marco da Resolución do 19 de decembro de 2023, pola que se aproba o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.
A axuda é por un importe de 46.198,00 €.

A Actuación que se realizará con esta axuda denominase MELLORA DE CAMIÑO DE ACCESO A PARCELAS AGRICOLAS EN SAN PAIO.
Con cargo a esta axuda tamén se realizará un estudio viario.
Esta obra está cofinanciada pola Unión Europea.
