Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

O Concello de Petín solicita o día 05 de agosto de 2022 subvención a Augas de Galicia  ao abeiro da Resolución do 23 de xuño de 2022 de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento AU301C), para realizar auditoría de abastecemento e plan de actuación para minimizar as perdas de auga do Concello de Petín.

Augas de Galicia concédelle a este concello a subvención por importe 5.186,59 € mediante resolución de data 17 de agosto de 2022, Nº expediente AU301C2022-65 para a realización da auditoría de abastecemento e o plan de actuación para minimizar as perdas de auga do Concello de Petín.

Que como resultado da auditoría realizada este concello ten perdas dun 69,89%.