Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Santa María de Mones

É unha parroquia que localízase no Norte do Concello de Petín. Segundo o Padrón Municipal de 2006 ten 83 habitantes, distribuídos en 5 entidades de poboación. A igrexa de Santa María, está localizada nun antigo castro denominado “El Valle”. Ten orixe románica, sendo o máis popular pola súa decoración, na que se representan grabados identificativos con táboas de xogo que se localizan na parede Sur. Son tres rectángulos decrecentes que levan 3 buracos circulares en cada un dos seus lados, colocados nos ángulos e no centro a unja distancia equidistante. Trátase de un xogo de orixe román: O “tres en raia”.