Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Santa Eulalia

É unha parroquia qe se localiza ao Este do Concello de Petín. Segundo o Padrón Municipal do ano 2006 ten 8 habitantes distribuídos nunha entidade de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999, cando tamén tiña os mesmos habitantes.

A beleza de Santa Eulalia, deixa pegada nos visitantes, tal e como lle aconteceu ao director galego Chano Piñeiro, que escolleu este pobo como escenario para rodar o filme “Sempre Xonxa”, que acércanos aos problemas da emigración.