Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Portomourisco (San Víctor)

Cunha poboación de 142 habitantes e situado ao Sureste da provincia de Ourense, entre o Xares e as montañas de O Bolo. O terreo é arciloso e de mediana cálida.

É un pobo rodeado de viñedos que ofrecen unhas estupendas vistas panorámicas. Lugar de paso sempre, convértese no punto estratéxico para o santuario das Ermidas, coa construcción dunha ponte sobre o río Xares e dunha ermida ao seu lado do século XVIII.

Un plan de recuperación da ribeira do Xares en Portomourisco, deixa ao descuberto estupendos paraxes que estiveron moitos anos descuidados, e agora faino con respeto polo río e o se entorno.

Un pobo nun antigo centro alfareiro, situado en pleno camiño medieval de peregrinación, que tende lazos entre o val do Sil e as terras máis montañosas de O Bolo. A igrexa de San Victor é do século XVIII e contan que apareceu sentado un enno forasteiro. Os veciños levarono ao pobo. A mañá seguinte, o pequeno estaba de novo na igrexa, así durante varios días, e o neno aparecía cada mañá sentado na ventá, na que agora encontrase a estatua do seu patrón.