Declaración de Accesibilidade

Esta é a declaración de accesibilidade do sitio oficial do Concello de Petín (www.petin.es).

Resulta de vital importancia para o Concello de Petín que o seu sitio web sexa accesible para tódolos usuarios. Temos en conta que moitos usuarios poden navegar por Internet en contextos moi diferentes e tentamos que este sitio sexa útil e funcional para eles.

Cumprimento dos estándares

A maioría das páxinas deste sitio web cumpren o nivel de conformidade AA segundo as Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 do W3C. Tódolos puntos de verificación de Prioridade 1 e Prioridade 2 foron comprobados coa ferramenta Markup Validation Service v0.7.4 en modo de revisión automática; acadando un nivel correcto de validación.

As páxinas desta web foron identificadas como válidas XHTML 1.0 Transitional.

Deseño Visual

·         Tódalas páxinas nesta web usan CSS para presentar a información

·         As medidas do texto están definidas en unidades relativas. Isto significa que se pode aumentar e diminuir o tamaño dos textos segundo as preferencias do navegador.

·         Se o navegador non soporta tecnoloxía CSS, as páxinas son funcionais e navegables, e os seus contidos lexibles. De tódolos xeitos, sen CSS o deseño e a imaxe do servicio dista bastante do deseño visual desexado.

Ligazóns

A maioría das ligazóns desta web conteñen atributos (“title”) para ofrecer detalles e unha información máis completa acerca da función ou destino do enlace.

Imaxes

Cando son usadas imaxes para proporcionar información, inclúese un texto alternativo (atributos “alt”) para proporcionar unha explicación do significado da imaxe a aqueles usuarios con navegadores non visuais.


Icono de conformidad Valid XHTML 1.0 Transitional